Á mañá seguinte Filip Stepánovich espertou á hora habitual. Cada quen ten o seu propio xeito de espertar pola mañá despois dunha borracheira. Un esperta dunha maneira, outro doutra, e mesmo os hai que prefiren non espertar en absoluto e están deitados de cara á parede e cos ollos musgados, ata que os amigos se decatan e lles levan media botella de depurada e un cogombro.
Pero os que máis sofren á hora de esperta tras unha noite escandalosa son os contables entrados en anos, que aturan cargas familiares e son proclives ás enfermidades renais.
Un cidadán desta condición, ao espertar, normalmente segue deitado de costas e cos ollos pechados durante moito tempo, agustiado, percibiendo un estrondo e un rumor tan horribles ao seu redor e dentro de si mesmo coma se estivese viaxando no teito dun tren de mercancias. Calcula cantos cartos se gastaron na bebida, cantos quedan e como facer para chagar ata a próxima paga. Namentres, sente un intenso e desagradable tremor nos xeonllos, os calcaños pícanlle de forma antinatural, sofre un tic no ollo e dentro do organismo, no ventre ou na cavidade do estómago, empeza a notar un ardor, unha succión e un baleiro tremendo. E ese cidadán segue deitado de costas, sen atreverse a abrir os ollos, e lembra con malestar todos os detalles noxentos da véspera, á espera do intre, horrible pero inevitable, en que enriba do sofá (pois na inmensa maioría dos casos os espertares dese tipo non acontecen no lieto conxugal) apareza o rostro mordaz da sua esposa e resoe a voz amargada e familiar.
Qué espertar tan repugnante: a dereita ó fígado, a esquerda o corazón, por diante as tebras.
Valentin Katáiev - "O desfalco"
Wednesday, 14 May 2008
Absolut Awakening
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
Rinoceronte, I gues.
Adiantacheste dous días meus. 1000 primaveiras máis.
Perdonan los no gallegos, pero es nuestro día:
http://tinyurl.com/4qrkde
Post a Comment